
CARNE DE VACÚN A PASTO
Grupo Operativo “CARNE DE VACÚN A PASTO: IDENTIFICACIÓN E FOMENTO DE MANEXOS GANDEIROS ECONÓMICA E AMBIENTALMENTE MAIS SUSTENTÁBEIS”
Un proxecto de investigación, demostración e difusión co-financiado polo Fondo Agrario Europeo de Desenvovlemento Rexional, o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación e a Xunta de Galicia.

¿que interés?
Porque é bo:
- para a natureza
As boas técnicas de pastoreo son beneficiosas para o medio ambiente, aumentan a biodiversidade, reducen o efecto invernadoiro, evitan a perda de solo por erosión e aumentan a fertilidade dos solos. Ao consumir mais herba, redúcese o consumo de alimentos concentrados producidos lonxe das granxas, en sistemas intensivos e con moito transporte de por medio
- para os animais
os sistemas de cría de gando a pasto proporcionan maior benestar aos animais nos modelos extensivos
- para as persoas que consumen
a carne elaborada con base de pasto ten un perfil de ácidos graxos con máis omega 3, é unha carne mais saudábel
- para quen vive de iso
os sistemas con pastoreo son potencialmente mais rendíbeis que os sistemas confinados, sobre todo no contexto actual con prezos de materias primas moi elevados. A produción en base a pasto é unha produción mais barata.


